28/1/13

ANDERSEN NA NOSA BIBLIOTECA



Nesta cesta tedes os libros de H.C. Andersen que temos na biblioteca e que esperamos que vos gusten tanto como a nós.
 Ratiña e Ratiño.

PASAPORTE



Este é o PASAPORTE que vos acreditará como grandes lectores de VAILLE CO CONTO.



Cada vez que superedes unha proba podredes poñer un selo que acreditará que sodes uns grandes lectores e investigadores sobre os contos e en especial sobre os contos de Andersen. No interior do pasaporte, nas casillas brancas, iredes pegando os selos correspondentes.
 
 

25/1/13

PRIMEIRA PROBA PARA O PASAPORTE 2º e 3º CICLO




Para conseguir o primeira pegatina  para o pasaporte teredes que facer a seguinte actividade sobre Andersen. É moi divertida, foi feita polo Equipo de Biblioteca do CEIP Fleming de Vigo. Gracias, desde aquí por compartir esta actividade.
 Premede AQUÍ e empezade a xogar

13/1/13

PISTAS PARA A PRIMEIRA PROBA

Neste enlace podemos saber algo máis sobre a interesante vida de Andersen. Preme  aquí e le con atención xa que moi pronto terás que solucionar varios acertixos sobre H. C. Andersen.


 

10/1/13

BENVIDOS

Ola, somos Ratiño e Ratiña e propoñémovos este curso que descubramos e conozamos mellor a H. C. Andersen. Leremos algúns dos seus contos, representarémolos, faremos xogos, actividades e tamén escoitaremos música basada en contos clásicos.


Ídelle co conto ós vosos amigos, empezamos xa!!